Durante o desenvolvemento
do proxecto, desenvolvín diferentes actividades para levar adíante o traballo.
André Riveiro e mais eu encargámonos de coordinar o traballo do grupo para
desempeñalo da maneira máis eficiente posible. En cada sesión do proxecto, cada
un do grupo levaba a cabo a función que se lle asignara, así que todos fixemos prácticamente
o mesmo de maneira repartida (investigación sobre a empresa, posta en contacto
con ela, elaboración da reportaxe…).
A visita a empresa
resultou bastante de levala a cabo gracias, sobre todo, á amabilidade da
encargada comercial de Portosolar, Laura Davila, que facilitou desde o comezo o
noso traballo e púxose á disposición de nós á hora de convocar a cita. Saímos
cunha boa experiencia da visita e con nova información que antes
descoñecéramos.
O traballo en
equipo foi satisfactorio e case non houbo problemas á hora de traballar. Súpose
diferenciar o momento de traballo do momento de “non traballo” e, a pesar das
diferencias nalgúns momentos entre os membros do grupo, sacamos adíante o
proxecto adecuadamente.
Durante o
proxecto aprendín que en Vigo e arredores aínda hai bastantes empresas que
traballan pola sustentabilidade do planeta. Eu creo que esta é a maneira da que
temos que traballar no futuro para conservar o lugar onde vivimos.
O máis difícil
foi atopar a empresa, xa que algún dos exemplos que buscáramos eran un pouco
difusos e non sabíamos se eran ou non sustentables.
O máis fácil foi,
como xa dixen anteriormente, contactar coa empresa, xa que gracias a
amabilidade e dispoñibilidade de Laura Davila puidemos convocar unha cita rapidamente,
cousa que a outros grupos lles costara bastante.
O proxecto en
xeral pareceume interesante e non cambiaría case nada, menos algún pequenos
detalles sen importancia.
Non cambiaría o
tema do proxecto, xa que me parece moi interesante tratar estes temas que non
están moi profundizados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario