jueves, 28 de enero de 2016

EXPOSICIÓN DO PROXECTO

Durante o desenvolvemento do proxecto, desenvolvín diferentes actividades para levar adíante o traballo. André Riveiro e mais eu encargámonos de coordinar o traballo do grupo para desempeñalo da maneira máis eficiente posible. En cada sesión do proxecto, cada un do grupo levaba a cabo a función que se lle asignara, así que todos fixemos prácticamente o mesmo de maneira repartida (investigación sobre a empresa, posta en contacto con ela, elaboración da reportaxe…).
A visita a empresa resultou bastante de levala a cabo gracias, sobre todo, á amabilidade da encargada comercial de Portosolar, Laura Davila, que facilitou desde o comezo o noso traballo e púxose á disposición de nós á hora de convocar a cita. Saímos cunha boa experiencia da visita e con nova información que antes descoñecéramos.
O traballo en equipo foi satisfactorio e case non houbo problemas á hora de traballar. Súpose diferenciar o momento de traballo do momento de “non traballo” e, a pesar das diferencias nalgúns momentos entre os membros do grupo, sacamos adíante o proxecto adecuadamente.
Durante o proxecto aprendín que en Vigo e arredores aínda hai bastantes empresas que traballan pola sustentabilidade do planeta. Eu creo que esta é a maneira da que temos que traballar no futuro para conservar o lugar onde vivimos.
O máis difícil foi atopar a empresa, xa que algún dos exemplos que buscáramos eran un pouco difusos e non sabíamos se eran ou non sustentables.
O máis fácil foi, como xa dixen anteriormente, contactar coa empresa, xa que gracias a amabilidade e dispoñibilidade de Laura Davila puidemos convocar unha cita rapidamente, cousa que a outros grupos lles costara bastante.
O proxecto en xeral pareceume interesante e non cambiaría case nada, menos algún pequenos detalles sen importancia.

Non cambiaría o tema do proxecto, xa que me parece moi interesante tratar estes temas que non están moi profundizados.