viernes, 10 de marzo de 2017

DIARIO DE APRENDIZAXE

Durante esta semana estivemos realizando un proxecto no que, finalmente, abarcaramos toda a clase a historia de España ao longo dos séculos XVIII e XIX. O noso grupo formado por David C., Iria, Pedro M. e mais eu (Hugo) tivo que levar a cabo un vídeo explicativo do Motín de Aranxuez e a Constitución de 1812 (La Pepa).

Con este proxecto cooperativo aprendín moita información nova sobre os acontecementos en España durante o período da Guerra de Independencia. En primeiro lugar, axudoume a coñecer as verdadeiras causas que provocaron o motín de Aranxuez; provocado polo descontento da poboación ante o papel do ministro Manuel Godoy, que obtiña moitas vantaxes debido ao seu importante cargo. Non foi un acto que resultara da espontaneidade do pobo froito das ganas por provocar un cambio na monarquía, senón que estivera planeado milimetricamente con anterioridade. Ademais, descubrín que Godoy mantiña uns amoríos coa raíña, esposa de Carlos IV. Tamén serviume para observar a actitude pícara e Napoleón, que se obtivo co dominio español grazas a provocar un conflito entre Fernando VII e o seu pai. 

Outro aspecto que coñecín máis a fondo, foi o grande avance que supuxo a creación da Constitución de 1812, eliminando moitas das desigualdades que existían en España e impulsando unha unión entre o país e as colonias americanas.

Por outra banda, perfeccionei as miñas habilidades de edición co Movie Maker, e servinme para mellorar na organización do grupo para rematar o traballo no tempo pactado.

ARANJUEZ, UN MOTÍN CALCULADO AL MILÍMETRO + LA PEPA

Aquí está o video que fixemos o grupo formado por David C., Iria, Pedro M. e mais eu (Hugo).

viernes, 25 de noviembre de 2016

NARRATIVA SINTÉTICA: A REVOLUCIÓN FRANCESA DE 1848

Aquí deixo o enlace para acceder á vista do noso Timeline.
https://cdn.knightlab.com/libs/timeline3/latest/embed/index.html?source=15QrAf-oAnKh2FPZdiQz1IawYMXAL0Sdw-h-6-RWyqmg&font=Default&lang=es&initial_zoom=2

SESIÓN 3

Nesta sesión, estivemos elaborando con profundidade o noso Timeline. A pesar de ser só tres (faltaba Andrea), fomos bastante efectivos. Aínda así, non puidemos rematar e teremos que acabalo na casa.

PÁXINAS E RECURSOS DA WEB FIABLES

Algunhas das fontes que nos axudaron a facer o "timeline" son as seguintes:
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_de_1830
http://www.claseshistoria.com/revolucionesburguesas/revolucion1830.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_francesa_de_1848
http://www.claseshistoria.com/revolucionesburguesas/revolucion1848.htm
http://www.hiru.eus/historia/las-revoluciones-de-1848
https://es.wikipedia.org/wiki/Luis_Felipe_I_de_Francia
Libro de texto de Ciencias Sociais de 4ºESO.