lunes, 30 de noviembre de 2015

SESIÓN 6

Hoxe estivemos realizando a montaxe dos vídeos da entrevista do pasado venres 20. O vídeo case esá rematado, pero aínda fáltanos a redacción. Estou contento co traballo realizado polo grupo xa que imos adiantados con respecto a outros grupos.

jueves, 19 de noviembre de 2015

SESIÓN 5

Hoxe estivemos realizando as preguntas para a entrevista de mañá en Portosolar. Aínda así, mañá temos outra sesión para facer criba coas mellores preguntas e completar unha entrevista produtiva.

DESEÑO DA VISITA E POSIBLES ENTREVISTAS

- Por que crees que a túa empresa é sustentable ?

- Que foi o que vos impulsou a usar enerxías renovables e non contaminantes?

- Que obxectos benefactorios para o medio ambiente instalades?

- Os paneis solares, as caldeiras de biomasa... son moi caras?

- En todo o ano, cantos aparellos vendedes e instalades aproximadamente?

- Cantos empregados ten esta empresa actualmente?

- En xeral, os traballadores desta empresa están contentos coa relación soldo/horas traballadas?

- Cando fundáchedes esta empresa?

- O concello dávos subencións debido a que é unha empresa de desenvolvemento sustentable?

- De onde procede o voso capital?

- Que factores produtivos precisades?

- Utilizades algún método para aforrar custos de produción?

- Que tipo de empresas son os seus clientes habituais?

- Que convenio colectivo regula as condicións dos seus traballadores?

- Esta aposta pola sustentibilidade e ecoloxía obtén os resultados económicos esperados; obtéñense
un número de ventas satisfactorio?

- Cres que Vigo, cada vez máis, está sufrindo un gran avance de cara ao ecolóxico e coidado do medio ambiente?

- Cales son os obxetivos que queredes cumprir nun futuro?

- Cantos aparellos de enerxía renovable soedes vender?

- Pretendedes abrir sucursais fora do noroeste de España?

- Cal é o voso día a día na empresa?

- Cales son os factores produtivos que precisa a empresa para o proceso de producción?

viernes, 13 de noviembre de 2015

INVESTIGANDO A EMPRESA

1) Portosolar, é unha empresa de enerxía renovable, que traballa a nivel autonómico e conta con tres traballadores, é unha empresa pública.

2) Pertence ao sector secundario ao aproveitaren a enerxía do Sol, pero tamén ao terciario ao vender os seus produtos ao mercado. Localízase no subsector das enerxías renovables, a biomasa e a enerxía luminosa.

3) Na actualidade atópanse nunha situación delicada debido ao borrador do goberno que prohibe as enerxías renovables no ámbito doméstico. Levan a cabo un desenvolvemento a nivel rexional. Pretenden garantizar aforro, calidade, eficiencia...

4) Portosolar é unha empresa que desarrolla a súa actividade desde o 2005 no campo das Enerxías Renovables e a Eficiencia Enerxética no ámbito de Vigo e arredores.

5) Fronte a escaseza da man de obra debido á falta de traballadores (ten 3 traballadores), levan a cabo factores de localización como factores políticos, xa que o goberno ofrece subvencións ás persoas que mercan os seus produtos; proximidade á rede urbana, debido a que se atopan nun bo lugar para a venda de produtos; e boa rede de transporte xa que se teñen que desprazar para montar os aparellos para o que isto lles facilita esta labor.

6) Recursos naturais: luz solar, madeira para as bombas de biomasa...
    Capital humano: moito traballo para faceren os aparellos,

7) Portosolar encárgase da venta de elementos relacionados coas enerxías renovables a nivel rexional, é dicir, englobando o territorio do noroeste peninsular.

8) A empresa non presenta ningún rasgo relacionado coa deslocalización, o cal é moi positivo; pero si podemos atopar recursos para incrementar as vendas como a existencia de Twitter ou Facebook.

9) Laura Davila non nos puido ofrecer información sobre os contratos dos traballadores que forman a empresa, pero si averiguamos que na empresa traballan tres empleados :o xefe, unha encargada comercial (Laura Davila) e un enxeñeiro.

10) Os traballadores os regula o xefe, que é o que contrata e despide ás persoas que ten como empregados.

11) Portosolar está relacionada con diversas organizacións empresariais como: Ikea, Outletui, Iberdrola etc.

12) A situación actual da empresa é en crecemento e os obxectivos dela son: xerar un empresa forte e importante en todo Vigo, pero ademais, gustaríanlles chegar a toda Galicia e paseniño a España.

jueves, 12 de noviembre de 2015

SESIÓN 4

Hoxe rematamos de elaborar o modelo de solicitude, ademais de enviala ás respectivas empresas.
- Mara e André R. fixeron a de Frigolouro.
-Hugo e André A. a de Portosolar.
O traballo foi bastante satisfactorio e o grupo organizouse bastante ben.

MODELO DE SOLICITUDE

Bos días,

Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do colexio Salesianos Vigo. Poñémonos en contacto convosco porque temos que realizar un proxecto sobre as empresas sustentables de Vigo e arredores.
O proxecto consiste en levar a cabo unha investigación detallada do funcionamento destas empresas. Para iso gustaríanos elaborar unha reportaxe.

FRIGOLOURO
Escollimos Frigolouro porque empregades produtos de preferencia local cun ciclo pechado dos animais.
Gustaríanos que nos deixarades acudir a vosa empresa para coñecela un chisquiño máis, moitas grazas por atendernos, se nos deixarades acudir a vosa empresa, e gustaríanos visitala oantes posible, se non vos causara ningún problema.
Moitas grazas e un saúdo do grupo cooperativo formado por Hugo, André R., Mara e André A.

PORTOSOLAR
Escollimos Portosolar porque nos chamou a atención a insistencia no uso de enerxías renovables e eficiencia enerxética, así como a calidade, aforro e baixo consumo que propón a vosa empresa.
Con este motivo, gustaríanos realizar unha entrevista os compoñentes da vosa compañía, e rogaríamosvos a posibilidade de concretar unha data de encontro, que gustaríanos que fora o antes posible debido as condición do proxecto, para que poidamos acceder á vosa empresa a levar a cabo este traballo.
Moitas grazas e un saúdodo grupo cooperativo formado por Hugo, André R., Mara e André A.

jueves, 5 de noviembre de 2015

SESIÓN 3

Elaboramos a mensaxe que lles imos enviar ás empresas seguindo o modelo exposto no blog de aula. Como a todos os grupos, non nos deu tempo a rematalo pero teremos outra sesión para rematar o traballo. Aínda así, o traballo foi satisfactorio.

lunes, 2 de noviembre de 2015

IDEAS PARA O PROXECTO

  • Eu penso que é mellor facer unha reportaxe de estrevistas, xa que pode ser máis interesante e máis ameno tanto para nós coma para os que visiten os nosos blogs, debido a que é o manifesto directo das persoas que traballan no lugar.
  • Os pasos que levaremos a cabo serán:
1. Contactar coa empresa para concretar a data e o motivo da entrevista.
2. Elaborar as preguntas que lles imos formular.
3. Despois de obter as respostas, elaborar unha reportaxe analizando estas respostas.
  • Preguntas como: por que tiveron a iniciativa de levar a cabo unha empresa deste tipo, cales son os pros/contras de facer un negocio así, canta xente acode a ese lugar...
  • Facer preguntas concretas e non desviarse do tema, facer fotos do lugar...