viernes, 25 de noviembre de 2016

NARRATIVA SINTÉTICA: A REVOLUCIÓN FRANCESA DE 1848

Aquí deixo o enlace para acceder á vista do noso Timeline.
https://cdn.knightlab.com/libs/timeline3/latest/embed/index.html?source=15QrAf-oAnKh2FPZdiQz1IawYMXAL0Sdw-h-6-RWyqmg&font=Default&lang=es&initial_zoom=2

SESIÓN 3

Nesta sesión, estivemos elaborando con profundidade o noso Timeline. A pesar de ser só tres (faltaba Andrea), fomos bastante efectivos. Aínda así, non puidemos rematar e teremos que acabalo na casa.

PÁXINAS E RECURSOS DA WEB FIABLES

Algunhas das fontes que nos axudaron a facer o "timeline" son as seguintes:
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_de_1830
http://www.claseshistoria.com/revolucionesburguesas/revolucion1830.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_francesa_de_1848
http://www.claseshistoria.com/revolucionesburguesas/revolucion1848.htm
http://www.hiru.eus/historia/las-revoluciones-de-1848
https://es.wikipedia.org/wiki/Luis_Felipe_I_de_Francia
Libro de texto de Ciencias Sociais de 4ºESO.

viernes, 18 de noviembre de 2016

SESIÓN 2

Nesta sesión visitamos diferentes sitios web para informarnos sobre o contexto do noso acontecemento, a Revolución Francesa de 1848, localizando as causas desta revolta e os personaxes históricos que interviron nela. Ademais, comezamos o "timeline", engadindo algúns dos primeiros acontecementos.

viernes, 11 de noviembre de 2016

SESIÓN 1

Hoxe foi a primeira toma de contacto entre o grupo e estivemos lendo a información do libro de texto sobre o tema que imos tratar. Despois, fixemos a repartición dos cargos e a elaboración das normas no caderno de equipo. Por último, fixemos unha pequena organización e distribución do traballo no plan de equipo.

PLAN DE EQUIPO

No noso grupo temos pensado organizarnos da seguinte maneira:
- O traballo será repartido equitativamente entre os membros do equipo.
- Este traballo será de obrigatoria realización, polo que se alguén non fai a súa parte individual, o grupo comunicará do feito á profesora.
- Non se realizará copia-pega na elaboración das actividades, senón se fará de elaboración propia.

CADERNO DE EQUIPO

Distribución dos cargos:
Coordinador/a: Hugo
Secretario/a: Andrea
Encargado/a de material: Iria
Axudante: David

Explicación das funcións:
Coordinador/a: Organizar ao equipo e representalo.
Secretario/a: Axudar ao cordinador.
Encargado/a de material: Gardar e traer o material do grupo.
Axudante: Axuda en todas as tarefas e dúbidas.

Normas do grupo:
- Distribución igualitaria do traballo.
- Aproveitar as sesións de traballo.
- Respectar os turnos de fala e escoitar.
- Acadar o traballo propio para non perxudicar ao conxunto e aportar ideas, participar.