viernes, 13 de noviembre de 2015

INVESTIGANDO A EMPRESA

1) Portosolar, é unha empresa de enerxía renovable, que traballa a nivel autonómico e conta con tres traballadores, é unha empresa pública.

2) Pertence ao sector secundario ao aproveitaren a enerxía do Sol, pero tamén ao terciario ao vender os seus produtos ao mercado. Localízase no subsector das enerxías renovables, a biomasa e a enerxía luminosa.

3) Na actualidade atópanse nunha situación delicada debido ao borrador do goberno que prohibe as enerxías renovables no ámbito doméstico. Levan a cabo un desenvolvemento a nivel rexional. Pretenden garantizar aforro, calidade, eficiencia...

4) Portosolar é unha empresa que desarrolla a súa actividade desde o 2005 no campo das Enerxías Renovables e a Eficiencia Enerxética no ámbito de Vigo e arredores.

5) Fronte a escaseza da man de obra debido á falta de traballadores (ten 3 traballadores), levan a cabo factores de localización como factores políticos, xa que o goberno ofrece subvencións ás persoas que mercan os seus produtos; proximidade á rede urbana, debido a que se atopan nun bo lugar para a venda de produtos; e boa rede de transporte xa que se teñen que desprazar para montar os aparellos para o que isto lles facilita esta labor.

6) Recursos naturais: luz solar, madeira para as bombas de biomasa...
    Capital humano: moito traballo para faceren os aparellos,

7) Portosolar encárgase da venta de elementos relacionados coas enerxías renovables a nivel rexional, é dicir, englobando o territorio do noroeste peninsular.

8) A empresa non presenta ningún rasgo relacionado coa deslocalización, o cal é moi positivo; pero si podemos atopar recursos para incrementar as vendas como a existencia de Twitter ou Facebook.

9) Laura Davila non nos puido ofrecer información sobre os contratos dos traballadores que forman a empresa, pero si averiguamos que na empresa traballan tres empleados :o xefe, unha encargada comercial (Laura Davila) e un enxeñeiro.

10) Os traballadores os regula o xefe, que é o que contrata e despide ás persoas que ten como empregados.

11) Portosolar está relacionada con diversas organizacións empresariais como: Ikea, Outletui, Iberdrola etc.

12) A situación actual da empresa é en crecemento e os obxectivos dela son: xerar un empresa forte e importante en todo Vigo, pero ademais, gustaríanlles chegar a toda Galicia e paseniño a España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario